tecelán, -á

Persoa que ten por oficio tecer ou facer tecidos para pezas de roupa

Etimoloxía

Palabra creada sobre “tecer”, que deriva do equivalente latino texere ‘tecer’ ou ‘entrelazar’.

Exemplos *

“A parella formada pola tecelá Anna Champeney e o cesteiro Lluis Grau, instauran no seu fogar unha modalidade moi habitual no Reino Unido, a do turismo activo, que permite, ademais da relaxación e o descanso, facer actividades creativas.” (Eva Estévez: A Nosa Terra, 29-01-2009)

“A tecelá cose as dúas ou tres pezas ó longo das mesmas, para consegui-la dimensión procurada.” (Xosé Manuel Gil de Bernabé e López: O liño, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.