tecnocracia

Sistema de goberno no que teñen o poder os tecnócratas

Etimoloxía

Neoloxismo froito do encontro do prefixo tecno- ‘técnica’ e o sufixo -cracia ‘goberno’, ambos os dous elementos de composición son de orixe grega.

Exemplos *

“Fracasada definitivamente a opción autárquica (...). A tecnocracia suxírelle ó ditador que incremente notablemente os trocos comerciais co estranxeiro e que, asemade, revise o aparello lexislativo proteccionista.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

“Aquela morea de escolas unitarias espalladas polo rural galego arredor do ano 1960 por necesidades internas do capitalismo industrial en España —facíanse precisos homes que souberan ler ordes de traballo— resultoulle inservible á tecnocracia imperante no remate da década.” (Valentín Arias López: A escola rural en Galicia (A Galicia rural na encrucillada), 1975)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.