teito de cristal

Barreira invisible de tipo social, cultural ou económico, que impide a unha persoa ou a unha minoría o acceso a postos de relevancia dunha organización

Etimoloxía

Frase formada polo nome “teito” que vén do latín tectum, derivado de tegere ‘protexer’ e a frase preposicional cuxo núcleo é o termo “cristal” que procede do latín crystallus de significado semellante, e este lévanos ao grego krýstallos, ‘xeo conxelado’.

Exemplos *

“Sororidade para nos recoñecermos na parte dunha metade da humanidade, aínda que unhas teñamos máis ou menos sorte ca outras, sabemos que sobre o ceo, de todas, hai un teito de cristal e, debaixo dos pés, un inferno.” (Marga Doval: Sermos Galiza, 15-2-2018)

“O teito de cristal segue a ser unha ameaza que debe ser combatida non só polas investigadoras e mulleres que se dedican á ciencia, senón por toda a sociedade.” (G.C.: Galicia Confidencial, 11-2-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.