Árbore conífera da familia das taxáceas (Taxus baccata) de ata quince metros de altura, con pólas moi mestas que nacen desde a base do tronco, follas aciculadas e coriáceas, e froitos en forma de bagas vermellas
Etimoloxía
Palabra que procede do latín taxus co mesmo significado.
Exemplos *
“Devesa de Rogueira, declarada polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da península Ibérica. É a devesa máis extensa e famosa de Galiza. Por riba dos 1.000 m hai faias acompañadas de acivros e teixos.” (Adela Leiro, Xoán Collazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 2012)
“Os derradeiros membros da resistencia galega contra os invasores romanos preferiran envelenarse antes que renderse. E como veleno empregaron a raíz do teixo; asemade cómpre sinalar que existen tres lugares chamados Teixoeiras neste termo.” (José Astray Pena e Marcos Beiroa Raposo: As lareiras en Galicia, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.