Vehículo de transporte formado por unha cabina que se despraza pendurada dun cable, empregado para salvar grandes desniveis, sobre todo en montaña
Etimoloxía
Procede do equivalente francés teléphérique ‘dispositivo de transporte por cable aéreo’
Exemplos *
“O teleférico é un recurso máxico para a mobilidade.” (Luis Pousa: Galicia Hoxe, 26-04-2009)
“O teleférico que bordea o Douro pode ser das viaxes máis memorábeis.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 14-09-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.