teléfono

Sistema eléctrico que permite transmitir sons a distancia a través dunha liña que conecta uns aparellos emisores e receptores, podendo así conversar dúas persoas, por moi lonxe que se atopen unha doutra. // Cada un deses aparellos desde os que se efectúa ou nos que se recibe tal transmisión

Etimoloxía

Palabra neolóxica creada coas partículas “tele-” que procede do grego tele ‘lonxe’ ou ‘de lonxe’, e tamén “-fono” que remite a unha palabra grega phoné que significaba ‘son’ ou ‘voz’.

Exemplos *

“Os teléfonos non deixan de soar con chamadas de aspirantes a voluntarios. E vai habendo ferramentas e un material normalizado, coma as xa famosas fundas brancas, para toda a xente chegada para limpar a ribeira.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)

“Foi daquela cando comezou a soar o teléfono. Ao principio, sentíase un silencio longo e despois o alentar fatigoso dunha respiración. Logo viñeron chamadas acusadoras , proposicións anónimas e ameazas constantes.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historia de Compostela)/ Xulia tiña razón, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.