telegrafista

Persoa encargada da transmisión e recepción de mensaxes telegráficas

Etimoloxía

Palabra que toma como base “telégrafo” que é un préstamo do francés télégraphe co mesmo significado.

Exemplos *

“Claus aprendeu moi pronto o que era ter o corazón dividido, aínda que nunca soubo moi ben o motivo. Fillo dun vicario castrense finés retirado e dunha telegrafista rusa, tivo que convivir dende pequeno con esa sorte de trastorno bipolar que afecta aos pobos divididos.” (María Xosé Lestón Castelo: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / O Carteiro, 2011)

“Quería avisar o vicecónsul do que acontecía na serra. Nas vilas pequenas non hai teléfono e non se pode enviar un telegrama sen que ese Laxe, o telegrafista, meta o fociño nel. Pode ser perigoso .” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.