Mensaxe transmitida por telégrafo, escrita en papel para ser entregada ao destinatario
Etimoloxía
Préstamo que chega do inglés telegram co mesmo significado.
Exemplos *
“Fatma desaparecera de Praga axiña recibiu o telegrama no que lle comunicaba a recuperación do libro.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)
“O tío Faustino recibiu o telegrama da navieira que durante as súas libranzas sempre esperaba, e soubemos que se ía.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.