telenovela

Melodrama concibido para ser emitido por televisión en varios episodios sucesivos

Etimoloxía

Termo neolóxico que se forma co prefixo “tele-” que se vincula con “televisión” e o substantivo “novela” que nos chega desde o italiano novella  de significado semellante.

Exemplos *

“O último capítulo da telenovela filmouse onte en exteriores, no concello lugués de Foz, onde estivo refuxiado o camareiro co seu pai, Amaro, natural de Baleira (Lugo).” (Esther Coleiro: De Luns a Venres, 7-10-2010)

“Ala, adeus, adeus, adeus, Ramón, adeus. Sabina apertou un gran colorado e gardou a mazaroca de maínzo na faltriqueira. Virouse cara á xovenca que pastaba na veiga e guiouna coa vara do lindeiro para a casa. Era hora de pór a telenovela das sete. Alá onde amores e desamores con acento sureño disipaban os pensamentos e mais a soidade.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.