Instrumento óptico destinado á observación de obxectos a gran distancia, que se emprega para o estudo dos astros
Etimoloxía
Termo que se toma do latín científico telescopium, e esta voz bebe da grega tēleskópos, 'que mira lonxe'.
Exemplos *
“Luciano non lle aclarou por timidez que el vía o firmamento sen telescopio desde meniño na bóveda interior da cabeza.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)
“As últimas incorporacións foran un planisferio e un pequeno telescopio. Mais axiña cansou da observación. Pola noite, se o deixaban, prefería ir con Zonzo pescar luras con lanterna e espello pola parte do castelo de San Antón.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.