Transmitir por televisión
Etimoloxía
Verbo creado sobre o substantivo “televisión” que é a adaptación do vocábulo inglés television.
Exemplos *
“Non contan para os grandes medios de comunicación de masas e os seus partidos non se televisan en directo con grandes audiencias. Cada fin de semana dan todo o que teñen e loitan por dignificaren un deporte feminino minorizado.” (Antón Escudero: Sermos Galiza, 28-9-2012)
“Sorte que o televisaban. Así que alí o estaba el, ben embrulladiño en varias capas de cobertores, sentado comodamente no seu sofá e cun ponche caseiro quente de brandy, ovo e azucre entre as mans.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.