Sistema de transmisión e reprodución a distancia de sons e imaxes en movemento xeralmente mediante ondas aínda que tamén poden transmitirse por cable / Conxunto de servizos encargados da elaboración e difusión por ese medio dunha serie de programas destinados á formación, á información ou ao ocio / Aparello receptor de televisión
Etimoloxía
Termo creado mediante o prefixo de orixe grega "tele-" que significaba ‘a distancia’ e o substantivo "visión" que vén do latín visionis de significado semellante.
Exemplos *
“A televisión da taberna de Checho atopábase detrás da tenda-taberna e desde moito antes do comenzo da velada xa estaba chea de xente, homes e mulleres, apaixoados daquel deporte e dispostos a vibrar con Carrasco no seu intento do cetro mundial, naquela poxa eterna co seu contrincante Mando Ramos.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Tras encarnar a Carmelo Matalobos, daralle un descanso á televisión para volver ao teatro xunto a Xabier Deive en 'Gaivotas subterráneas'.” (Cristina Chapela: De Luns a Venres, 9-1-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.