televisor

Aparello receptor de sons e imaxes de televisión, as cales proxecta sobre unha pantalla

Etimoloxía

Termo creado mediante o prefixo de orixe grega "tele-" que significaba ‘a distancia’ e o substantivo "visor" que vén do latín tardío visor ‘o que mira’.

Exemplos *

“Chus daba groliños a unha Coca-cola, o seu vicio favorito dende que a descubrira había anos, mentres miraba enfeitizada o televisor. No programa da tarde, ese co que mataba as horas entre o final da súa xornada laboral e a chegada de Isabel á casa.” (Abril Camino: Mulleres que viven xuntas, 2025)

“Nas paredes laterais hai un par de cadros con pinta de caros e na do fondo, que queda xusto fronte ás ventás onde eu estou, colga un televisor de tamaño descomunal. Apuros económicos naquela casa non hai, non. Por algo viven nunha das zonas máis caras da cidade.” (Antía Yáñez: Senlleiras, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.