telexornal

Programa televisivo de información sobre os acontecementos máis importantes do día

Etimoloxía

Neoloxismo composto polo prefixo “tele-“ que se refire á ‘televisión’ e “xornal” .

Exemplos *

“O telexornal da noite abriu con fotos de Mariña compartindo a pantalla coa presentadora.” (Manuel Turnes Iglesias: Que non te aten, 2017)

“Scirea aumenta o volume da súa voz, como se marcase unha advertencia, ao suxerir a Causio que a pequena disensión probablemente se debe a que ela paga telexornais por cable; e pode apostar que en Maracaibo se declarou unha guerra o pasado agosto.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.