tellado

Cuberta superior dunha casa, edificio ou outra construción, formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta con tellas ou con outro material.

Etimoloxía

Termo derivado sobre o nome tella que procedía do latín tegula, –ae 'tella'.

Exemplos *

"As cousas aínda foron a mellor cando instalaron un arame de cobre desde o beiril do tellado á cruz do hórreo, cruzando a rúa." (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

"Xa non queda lousa nin tellado, que o vento entrou pola casa, choveu no propio faiado." (AA.VV.: Pan. Catro propostas arredor da malla)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.