telurismo

Influencia do solo dun lugar sobre os seus habitantes

Etimoloxía

Vocábulo creado co sufixo “-ismo” sobre unha base latina tellus ‘terra’.

Exemplos *

“...seguen empeñados corenta e pico anos máis tarde en sublimar o humor rural facendo deste unha fonte de inesgotable inspiración que xorde dos mananciais enxebres do telurismo.” (H.V.: Galicia Hoxe, 4-2-2005)

“Pero volvendo á xeografía, todo territorio ten o seu xenio, o seu telurismo (a súa enerxía terreal), o seu trasno, a súa chispa, a súa vibración, o seu misterio, a súa vocación, a súa sorpresa...” (Pablo Llobera Serra: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 1-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.