Conxunto de temas que forman o programa dun curso escolar ou dun exame
Etimoloxía
Nome que se forma sobre “tema” que procede do grego thema de significado semellante.
Exemplos *
“Os nenos poderían ter un temario da II República e Ditadura. O Congreso analiza a proposición non de lei de incorporar nos textos de todos os niveis unha parte específica destas etapas.” (E.P.: Galicia Hoxe, 27-3-2007)
“Enviei a miña instancia solicitando a reincorporación nalgún dos departamentos da capital e mentres isto esperaba dediqueime a repasar vellos temarios e libros de carreira , cousa que nunca antes fixera.” (Conchi Regueiro: Tempos agradables, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.