tempero

Punto, momento, estado propio ou óptimo dunha comida ou, en xeral, de calquera cousa

Etimoloxía

Termo que se forma desde o verbo “temperar” que nos leva ao latín temperare ‘combinar’.

Exemplos *

“Cómpre controlar o punto de cocción para que non rompa ou quede seco, a proba do palillo funciona moi ben. Dura até tres días de estar na parte baixa do frigorífico, pero sácase media hora antes para acadar o tempero.” (Mercedes Espiño: Sermos Galiza, 1-2-2018)

“O peor non é iso, o peor é que as papas se nos vaian por fóra e se bote todo de perda. Aquí, filliña, o que fai falla éche un cociñeiro que lle coñeza o tempero ás papas e á ola. E nin ti nin os teus veciños servides para esta cazolada.” (Victoriano Taibo: Da agra aberta. Contos e lendas, 1956)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.