Estado da atmosfera
Etimoloxía
Vocábulo procedente do latín tempus que significaba ‘tempo, tempo prosódico ou cantidade dunha sílaba’.
Exemplos *
“Os días fanse máis curtos e o sol xa non quece tanto, pero aínda han vir días de bo tempo, di o vello mentres cavila en Nito, o neno que non medra.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
"Os mariñeiros de máis experiencia dicían que nunca viran así o Mediterráneo. Tal era a situación que se confundiron os faros e pouco faltou para que encallásemos. A viaxe durou moito máis do previsto. Por fin, cando nos achegabamos a Arxel, o tempo foi amainando." (Xosé Neira Vilas: Os papeis do vello mariñeiro, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.