temporal

Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar.

Etimoloxía

Chegounos desde o latín, do adxectivo temporalis, -e 'do tempo' ou 'que dura só un tempo'.

Exemplos *

"Este e outros municipios recomendaron onte aos cidadáns que se manteñan afastados de zonas arboradas e doutros lugares que poidan supoñer un perigo polos fortes ventos, as chuvias e o temporal no mar." (O Xornal de Galicia 01-11-2010)

"O Goberno galego aprobou onte un decreto que establece medidas urxentes para a reparación dos danos do temporal …" (De Luns a Venres 30-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.