Propietario ou dependente dunha tenda, especialmente de comestibles.
Etimoloxía
Creado sobre tenda e este substantivo procede do baixo latín tenda, de mesmo significado, e este do clásico tendere 'tender' ou 'despregar'.
Exemplos *
"Deféndese, latrica, fai contas, demostra, convence, aldraxa á regateira, berra, rifa, […] Porque Rita de Breixo non é tendeira, nin taberneira, nin carteira…" (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)
"A última cousa que souben é que á miña avoa quixérona casar cun tendeiro rico de Salgueiros, un tal Xilberto Amado, pero ela ameazou con suicidarse." (Carlos G. Reigosa: Narcos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.