tenrura

Actitude do que demostra cariño ou é tenro cos demais

Etimoloxía

Voz que se forma sobre “tenro” que vén do latín teneru ‘brando’.

Exemplos *

“Quizais por iso cre nunha posibilidade de felicidade con ela. (...) Mentres retoca o moño, pensa cun aquel de tenrura na ilusión namoradeira de Valentina.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)

“Un amor feito de sorrisos e complicidades, de afectos e tenruras, que ela alimentaba con entusiasmo.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.