tensiómetro

Aparello que mide a tensión superficial dun corpo.

Etimoloxía

Palabra creada con tensión do latín tensio, –onis 'tensión' ou 'contracción' e a terminación -metro que procede de metron 'medida'.

Exemplos *

"O tipo, pasando amplamente dos resultados do tensiómetro, achégase ó mostrador…" (Xosé Cid Cabido: Días contados)

"Nunha mesiña entre eles, detrás de Alicia, pinzas, termómetro, fonendoscopio, tensiómetro e diverso material médico." (Rubén Ruibal: Limpeza de sangue)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.