tensión

Diferenza de potencial.

Etimoloxía

A súa forma en latín era tensio –onis, formado a partir de tendere ‘estender’.

Exemplos *

“… deuse o caso dalgunha pequena aldea á que lle pasaban os fíos das liñas de alta tensión por riba das casas desde os anos cincuenta e os seus veciños non tiveron luz eléctrica ata ben entrada a década dos oitenta.” (Olegario Sotelo Blanco: A concentración parcelaria)

“… Bernardino Graña, lembra na hora da morte aquela xornada na que, como unha Santa Compaña camiñaban Uxío Novoneyra, Vidal Bolaño e mais el cuns fluorescentes accesos polas liñas de alta tensión que os veciños querían eliminar de Merza.” (Carme Vidal: A Nosa Terra 12-09-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.