tenza

Cada unha das porcións de terreo en que se divide un monte comunal / Terreo de cultivo que pertence a todos os veciños

Etimoloxía

Palabra que deriva da do latín tenentia ‘cousas que se teñen’.

Exemplos *

“Deitárase despois na cama, sobre a colcha de liño, as fiestras abertas, as mans ocupadas cun manual de agrimensión, libros sobre dereitos de herdanzas e os vellos pergameos cosidos onde os escribáns deixaran das súas letras as descricións de tenzas que non lle pertencerían nunca.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / As areas do río, 1993)

“Contoulles ós taberneiros que estaba á procura dunha casa e dunha tenza de terra para vivir. Quería atopar un lugar preto de Ourense, pero con bos aires, para recuperarse totalmente dunha doenza que collera nunha viaxe.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.