teocracia

Goberno exercido pola clase sacerdotal, considerada representante de Deus na Terra

Etimoloxía

Voz que se toma do francés théocratie, que remite ao grego theokratía ‘goberno de Deus’.

Exemplos *

“Gozaban de privilexios de toda clase, tiñan grande influencia en todos os centros da administración e unha recomendación de abade ou bispo era man de santo para resolver calquera problema a nivel do estado ou local. Había moito naquel sistema de teocracia encuberta.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

“Abofé que outros moitos falaron disto, e aínda mais nestes séculos laicos de anticlericalismo e rebelión contra das teoloxías, as teocracias e os poderes absolutos, pero el foi dos primeiros.” (Víctor Fdez. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.