terapia

Tratamento específico para unha enfermidade

Etimoloxía

Termo procedente do latín científico therapia, que vén do grego therapeía, -as, ‘coidado’.

Exemplos *

“Estas formas melloran a eficacia e reducen a toxicidade de fármacos clásicos, como certos medicamentos empregados na terapia do cancro.” (C. de U.: O Correo Galego, 29-11-2000)

“Coa medicación e a terapia quizais nun tempo mellore, ou teña días máis lúcidos e poida dar con el.” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.