terceto

Estrofa de tres versos.

Etimoloxía

Vén do italiano terzetto, derivado de terzo 'terceiro' e este procedente do latín tertius, -a, -um.

Exemplos *

"Lembrade os tercetos de Dante, aqueles que falan dos primeiros pasos do poeta cara ó Paraíso …" (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

"Só usei dalgunha liberdade, sempre a favor das rimas próximas e audibles, nos tercetos dalgún soneto …" (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe 09-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.