termalismo

Conxunto de actividades relativas á utilización e explotación das augas medicinais

Etimoloxía

Termo creado sobre “termal” que vén do francés thermal co mesmo significado.

Exemplos *

“O termalismo galego está a experimentar un gran crecemento das súas actividades ata vivi-la mellor etapa da súa historia.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 19-11-2000)

“A gastronomía, o turismo cultural, o termalismo que está desestacionalizado, temos que impulsalo con investimentos, formación, calidade e renovación.” (Xan Carballa: A Nosa Terra, 04-12-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.