Establecemento situado preto dun manancial de augas termais, onde se poden tomar baños
Etimoloxía
Palabra de procedencia latina thermae, -arum ‘augas quentes de uso medicinal’ ou ‘baños públicos’.
Exemplos *
“Contóuno-lo noso guía das propiedades benéficas daquelas termas para toda sorte de doenzas dermatolóxicas, e das miríficas curacións de eccemas defoliantes e alopecias diversas que do seu uso continuado se derivaran.” (Xavier Queipo: Ringside, 1993)
“Carballo medrara a carón das termas e esa auga viña do centro da terra, a uns corenta graos centígrados, renovábase e non se vira afectada polo desastre na superficie.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.