terminar

Chegar á fin

Etimoloxía

Palabra que vén do latín terminare ‘acabar’, ‘concluír’.

Exemplos *

“Fálase vagamente da posibilidade de verse ao terminar a función.” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Coherencia, 2011)

“O pai enfermara poucos meses antes de el terminar no instituto.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.