termo

Momento en que termina algo

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde a latina terminus que significaba ‘linde’.

Exemplos *

“Mais ao termo da actuación a ponte, carbonizada, cae outra vez nun río escuro e fondo e cada un deles descobre que non pode volver erguer só a ponte que leva a aquel reino prohibido, tan distante do cotián.” (Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos, 1992)

“O adestrador do Lobelle afirmou ó termo do partido que se rompeu a igualdade habitual dos partidos contra a Navarra ó noso favor.” (J.M. Miramontes: Galicia Hoxe, 20-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.