termómetro

Instrumento para medir a temperatura, xeralmente por medio da dilatación dun líquido, mercurio, alcohol, ou dun gas, helio, hidróxeno, contidos nun tubo graduado.

Etimoloxía

Parece ser que chega desde o francés thermomètre pero é unha creación cos termos clásicos thermos 'quente' ou 'calor' e metron 'medida'.

Exemplos *

"Xa está pensando en chegar á casa, tomar un ponche con ovo, poñer un termómetro e meterse na cama." (Miguel Anxo Murado: Lista de correos)

"O hospital non era hospital e a enfermeira viña sen termómetro." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.