terra

Territorio de onde unha persoa é natural.

Etimoloxía

Mantense idéntica ao étimo do que se tomou, o latín terra, -ae.

Exemplos *

“… quería aprender a ler, e preguntaba cousas da nosa terra, como era Galicia, por onde quedaba, canto se tardaría en chegar alá, e como eran as casas, e as cidades, e a xente…” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

“… que se convertera no típico home de empresa que, triunfante alén mar, retorna á Terra pra investir nela o froito dos seus esforzos e lle devolver así a Galicia todo canto Galicia lle tiña dado a el.” (Alfredo Conde: Sempre me matan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.