terra

Extensión máis ou menos grande e delimitada da parte sólida da codia terrestre, considerada desde unha perspectiva xeográfica, social, afectiva etc.

Etimoloxía

Procede da forma idéntica do latín, que pasou a todas as linguas románicas.

Exemplos *

"Algúns din: ¡miña terra! Din outros ¡meu cariño!" (Rosalía de Castro: Follas novas)

"Máis alá mesmo da descrición que Rosalía fai da paisaxe, que xustifica por si mesma esta construción de Galicia como muller, outros elementos favorecen o asentamento desta asociación: por exemplo a propia condición feminina de Rosalía (que se converte en símbolo ela mesma da patria) ou a tendencia xeral cara á atribución á terra dun carácter feminino, implícita na noción de terra-nai." (María López Sández: Paisaxe e nación)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.