Parte chá dunha vivenda que queda ao aire libre, máis ampla ca o balcón
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín terraceus que significaba ‘de terra’.
Exemplos *
“Meu pai ten un Land-Rover, e cando Marcos medre un pouco meteremos as cousas dentro e iremos vivir á cidade. Xa estiven alí e, como as casas son de pisos, miña nai di que o noso terá unha boa terraza.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)
“Nos tellados e as terrazas medraban os fentos e as maceiras , froito das sementes caídas do bico dos últimos merlos que rillaban un cadolo en pleno voo para coller forzas ao emigrar.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte / ZFK, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


