terremoto

Movemento brusco ou sacudida violenta nalgún punto da superficie terrestre, orixinado por fenómenos subterráneos

Etimoloxía

Terminoloxía científica latina, empregada xa por Cicerón: terraemotus ‘tremor da terra’.

Exemplos *

“Logo do gran terremoto de Los Ángeles, un estudo atopou que o número de fallos cardíacos se multiplicara por cinco.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2010)

“Pensei que ía romper a chorar, pero xusto naquel momento oíuse un terremoto.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.