Sensación desagradable entre o arrepío, o desacougo e o noxo, que producen certas cousas
Etimoloxía
Palabra froito da creación expresiva que podería gardar relación coa palabra latina terrere que significaba ‘espantar’ e ‘aterrar’.
Exemplos *
“Era polo tempo do serán. Cando pousou o pé do derradeiro banzo, houbo un súbito movemento de sombras e sentiu o terrexío dunha pouta no ombreiro. Ficou entalada, muda. Os músicos aínda tocaron un tempo, como se non se puideran desprender das notas de repente.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
“—Non mo recordes! —berrou Pinocchio tremendo aínda de medo. —Non mo recordes! Se tardases un minuto en chegar a estas horas estaba eu ben frito, comido e dixerido. Brrr! Dáme terrexío só de pensalo!...” (Carlo Collodi: As aventuras de Pinocchio [trad. Antón Santamarina], 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.