térrier

Variedade de can de orixe británica, co corpo pequeno e robusto, moi usado na caza de animais de tobeira

Etimoloxía

Préstamo adaptado da voz francesa terrier ‘can da terra’.

Exemplos *

“ (...) toma o seu lugar un mozo de menos de trinta anos, amable, nada ambicioso, distraído e dono dun can que me atrevo a describir como maior que un térrier e máis pequeno que un mastín.” (Bieito Iglesias/ Manuel Vázquez (trad): Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville, 1996)

“Chama e leva consigo as cadeliñas fideis e un térrier que as cobre a todas.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do bol, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.