terror

Medo moi intenso, extremo.

Etimoloxía

Deriva do termo latino terror, –oris con semellante significado.

Exemplos *

"Suaba copiosamente e o terror case o paralizaba." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

"Lembro ben o campo da batalla alumado por tres soles e a lúa e o terror que puñan aqueles heroes." (Suso de Toro: O país de brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.