Primeira proposición do razoamento dialéctico que se opón á antítese, antes de pasar á síntese.
Etimoloxía
Tomouse do grego thésis, -eos 'acción de colocar ou dispoñer'.
Exemplos *
"… non foi moi ben visto polos cabezas cadradas que só consideran filosofía aqueles escritos que seguen os arquetipos tradicionais, xa sabes: tese, antítese e síntese." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
"… existe unha tese galega, da Galicia tradicional, contrariada por unha antítese desgaleguizadora, que deberá ser superada …" (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


