Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas
Etimoloxía
Procede da frase latina ferramenta tonsoria, ‘ferramenta para rapar’.
Exemplos *
“(...) Feito coas follas secas das mazurcas do millo, había que quitarlles cunha tesoira os bordes duros e enché-la tea con esas follas.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
“Non agardaba atoparse con Carme, pero alí estaba ao volverse, entre as roseiras do xardín, vestida con roupas vellas e cunha tesoira de considerables dimensións entre as luvas.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.