Conxunto de cousas preciosas, como xoias, diñeiro ou obxectos de valor, gardado ou agochado nalgunha parte
Etimoloxía
Vocábulo que bebe no equivalente latino thesaurus e que remite ao grego thesauros ‘depósito’, ‘cousa valiosa’.
Exemplos *
“Iña tras dun tesouro cobisado, / de todos iñorado, / mais do que solasmentes eu sabía: / e n'era só de prata, nin só de ouro / aquel sin par tesouro, / que era dun canto deseiar podía.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“cas palomiñas / que as alas baten, / con un batido / manso e suave, / atravesando / vagos celaxes, / mundos extraños / que en raios parten / ricos tesouros / de ouro e diamante.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


