testeira

Peza vertical que se coloca no extremo da cama onde repousa a cabeza para protexer a parede ou para evitar que caian as almofadas

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “testa” que procede do latín testa ‘vasilla ou cuncha’ e por extensión pasou a denominar o ‘cranio’.

Exemplos *

“(...) sinte como un callafrío e aníñase máis no asiento e remoe, remoe devuelveme el rosario de mi madre porque había un colchón de lan e había unha cama con testeira de ferro e coxíns que non facían xogo con nada nin cos ollos dela, porque os ollos Camú son coma corgos acugulados de auga e os coxíns eran floreados, eran de raso negro.” (Ángeles García Sumay: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986 / Relembranzas con Palmira e Banana Spli, 1987)

“Leta cóntalle de Benito Soto as últimas noticias e apunta o leito de testeira de carballo labrado, onde hai un mar avolto, en ardentía, que alza unha nave pirata e un cabezo de arroás no pau da proa.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.