Parte frontal dunha cousa con respecto a unha posición
Etimoloxía
Vocábulo derivado que toma coma base “testa” que procede do latín testam ‘ola de barro’.
Exemplos *
“Amaro bota a correr por un carreiro seco cara o testeiro e de súpeto vénlle a enxurrada de fronte a cae de fociños . María achégase a el.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)
“O neno David viviu tamén o terror, e a memoria conta os mortos da posguerra na Terra de Montes: «Son setenta e dous», os nomes que alguén terá que labrar no granito do Candán, do Testeiro ou do Suído.” (Xosé Vázquez Pintor: Tal era vivir (os vellos oficios III), 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


