teta

Órgano glandular dos mamíferos femias que segrega o leite co que alimentar os fillos.

Etimoloxía

Considérase que esta voz se formou por onomatopea e que inicialmente se utilizou na linguaxe dos nenos.

Exemplos *

“… como un é como é segundo a teta da que mame, todas, que comezaron escandalizándose coa saída da avoa Aniceta, acabaron por rirlle a graza e adoptala coma propia.” (Teresa Moure: Herba moura)

“Aquí xa pasamos da idade da teta e cadaquén é libre de facer máis ou menos o que quere.” (María Reimóndez: Pirata)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.