Que inspira unha gran tristeza, que deprime e induce ao pesimismo e mesmo fai pensar na morte
Etimoloxía
Voz que bebe da latina taetricus ‘duro’, ‘áspero’, ‘sombrizo’.
Exemplos *
“Invádea unha tristura sen acompañamentos macabros nin tétricos. Pensa que cando morre unha persoa coñecida damos en pensar, no medio da pena, no que quedou pendente para sempre.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Era un recuncho morto, sen vida, onde parecía anoitecer cada vez que unha nube negra tapaba a luz do sol. Un lugar tétrico, que enchía o corpo e a alma de tristura. Que misterio podía encerrar aquel anaco de terra baldía?” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.