tifón

Ciclón moi violento dos mares da China e do océano Índico, acompañado de fortes ventos e chuvias torrenciais

Etimoloxía

Préstamo do portugués tifão que bebe do grego tuphon, pero desde a forma latina typhon co mesmo significado.

Exemplos *

“Daquela época , a mellor da súa vida, acompañouno sempre o abraio da baía na noite de Hong Kong: as montañas acoiteladas polos edificios en luz , a transparencia do aire tras o tifón e a promiscuidade de barcos e xentes.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

“Mary aprende a facer o seu traballo sen mirar atrás. Cando remata o fogo dos mosquetes e ve que o seu corpo está intacto a enerxía de tal satisfacción móvea a través das liñas inimigas coma un tifón.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.