tímpano

Membrana tensa situada no interior do oído, que recibe e transmite as vibracións sonoras.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero a súa orixe está no grego túmpanon, -ou, 'tambor'.

Exemplos *

"… un silencio que lles fuxía a maneira de aire asubiante por todos os buratos situados na cara, incluído o oído dereito dun deles que por un accidente da infancia tiña o tímpano rebentado." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)

"En termos musicais, canto máis grande é a amplitude da onda, máis intensamente golpean as moléculas no tímpano e máis forte é o son percibido." (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.