Líquido de diferentes cores que se emprega para escribir ou imprimir
Etimoloxía
Palabra que vén do latín tinctus, participio do verbo tingĕre 'tinguir'.
Exemplos *
“Ante aquelas caras morbosas, serenamente o Avelino tirou un frasquiño de tinta do fundo da carteira, pousou a carteira e foi desenroscando o tapón do frasco.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)
“Tiña a boca chea de versos e as mans manchadas da tinta da pluma, que fora revendo mentres o adolescente estaba posuído pola paixón poética.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


